Dende o 2012 os recortes e o endurecemento están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos de protección, así o expresan os últimos datos: “Nos últimos sete anos, os orzamentos estatais destinados a políticas de emprego descenderon un 38%. As prestacións para parados chegaron a pouco máis da metade das persoas nesa situación, mentres que en 2010 superaba os dous terzos”. Ante este panorama decidimos achegar un breve repaso polas prestacións que ofrece o SEPE (antigo INEM) tanto no seu nivel contributivo como no asistencial. A nosa vontade é achegar algo de luz sobre este opaco sistema, para dende a información e a loita colectiva conquistar máis dereitos.
A maiores da información que partillamos recomendamos visitar a web do SEPE > www.sepe.es e webs como Cita Previa INEM > loentiendo.com
Para comezar este sistema diferencia dous niveis: contributivo e asistencial.
No nivel CONTRIBUTIVO atopamos a:
_PRESTACIÓN POR DESEMPREGO
Exixise un período mínimo de cotización de 360 días nos 6 anos anteriores á situación de desemprego (fin do contrato, despedimento, etc).
Temos que ter en conta que si temos vacacións pendentes a empresa ten a obriga de cotizar por elas, polo que a situación legal de desemprego prodúcese ao finalizar estas e non cando rematou o contrato (o normal é que si o certificado de empresa está ben feito, aí veñen reflicitidas). O SEPE considera que non hai dereito a vacacións nos contratos de duración igual ou inferior a 12 días.
O prazo para solicitala é de 15 días hábiles (non contan sábados, domingos nin feriados).
Ademais, debe figurar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Empleo correspondente e subscribir o compromiso de actividade (isto o fas de xeito automático cando fas a solicitude, é parte da “letra pequena”).
Contía: teñen en conta as Bases de Cotización por Accidentes de Traballo e Enfermidade Profesional (excluídas as horas extras) durante os 180 días anteriores á situación legal de desemprego ao cese da obriga de cotizar, obtendo así a Base Reguladora (BR). A esta BR aplícaselle un tanto por cen 70% de la BR durante os 180 primeiros días de cobro da prestación, e 50% BR desde o día 181 até o final. A duración máxima da mesma son 720 días.
Los días de paro van en función dos días cotizados (é o que chaman Período de ocupación cotizado, POC):
Período de cotización (en días) Período de prestación (en días)
Desde 360 até 539 120
Desde 540 até 719 180
Desde 720 até 899 240
Desde 900 até 1.079 300
Desde 1.080 até 1.259 360
Desde 1.260 até 1.439 420
Desde 1.440 até 1.619 480
Desde 1.620 até 1.799 540
Desde 1.800 até 1.979 600
Desde 1.980 até 2.159 660
Desde 2.160 720
No nivel ASISTENCIAL atopamos diferentes subsidios e axudas que teñen os seguintes requisitos en común:
- Inscritos como demandantes emprego e subscrición compromiso de actividade.
- Carencia de ingresos: as rendas non superen o 75% SMI, que son 707,60€ (e aquí teñen en conta as persoas da unidade familiar: cónxuxe/parella de feito, fillos menores de 26 a cargo). É dicir, súmanse as rendas de todos os da unidade familiar e divídese entre o número de membros. O límite, é de 530,70€ por persoa.
- Contía: 80% IPREM, que son 537,84€, con carácter xeral (Subsidio Programa PREPARA, a contía atópase entre o 75-85% IPREM). A contía é de430,27 €.
- Duración variable: en xeral, 6 meses (aínda que se pode prorrogar e no caso de maiores 55 años até xubilación).
Hai diferentes tipos de subsidios: por esgotamento prestación contributiva e cargas familiares, ou sen cargas, pero maior de 45 años; desempregados sen cubriren o período mínimo de cotización para cobrar prestación; maiores de 55 anos; emigrante retornado; liberado de prisión e revisión de invalidez. RAI (Emigrantes retornados e parados longa duración maiores 45 años; vítimas violencia xénero e persoas con discapacidade) e PREPARA (parados de longa duración ou parados con cargas familiares) e Programa de Activación para o emprego (parados larga duración inscritos como demandantes de emprego o 1/05/2017, o ter sido demandante o 1/12/2014 ao 1/4/2016).
Damos algunhas característas dalgúns dos que podemos atopar neste nivel asistencial
_SUBSIDIO POR DESEMPREGO
- Traballadores que esgotaron aa prestación por desemprego e con responsabilidades familiares: 18 meses, con carácter xeral.
- Traballadores maiores de 45 anos, que esgotaron a prestación por desemprego e sen responsabilidades familiares: 6 meses improrrogables. Nos casos nos que accedes ao subisidio logo de rematar a prestación, o SEPE obriga a que deixes pasar un mes (o que chaman mes de agarda) e a partires dese mes, temos un prazo de 15 días para solicitalo. O prazo é importante, xa que se deixas pasar os 15 días, quítanche tantos días de paro/subsidio como días deixaras transcorrer, e aquí si que contan os días como naturais.
Por exemplo: transcorre o mes de agarda o 3/09/17. Os 15 días hábiles seguintes son até o 23 de setembro. No caso de solicitalo o 25 de setembro, non perdes dous días (do 23 ao 25, senón 21 días, do 3 ao 25).
- Emigrantes retornados e liberados de prisión: 6 meses, prorrogables por períodos de igual duración até un máximo de 18 meses.
- Traballadores que ao producirse a situación legal de desemprego non cotizaran o período mínimo para a prestación por desemprego:
_Sen responsabilidades familiares:
De cotizares 6 meses: 6 meses
_Con responsabilidades familiares:
De cotizares 3 meses: 3 meses
De cotizares 4 meses: 4 meses
De cotizares 5 meses: 5 meses
De cotizares 6 ou máis meses: 21 meses
_RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN (RAI)
A RAI podemos percibila durante un máximo de 11 meses e a contía son 430,27 € (80% IPREM). Os requisitos son bastante complexos:
- Estar desempregada e inscrita como demandante de emprego, manter dita inscrición durante todo o período de percepción e subscribir o compromiso de actividade.
- No ter ingresos propios, en cómputo mensual, superiores ao 75 % do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) excluída a parte proporcional de dúas pagas extras.
- A suma dos ingresos mensuais obtidos por todas as persoas da unidade familiar non supere o 75% SMI.
- No ter sido beneficiaria da RAI nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude, agás nos casos vítimas de violencia de xénero ou doméstica e persoas cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
- A RAI só pode cobrarse tres anos.
- Ter 45 o máis anos.
- Estar inscrita ininterrompidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses. Considérase interrompida a demanda se traballaches 90 ou máis días no ano anterior á data de solicitude ou de saires ao estranxeiro.
- Pódese compatibilizar con emprego a tempo parcial (redución da contía da RAI en proporción á xornada). Si o emprego é a xornada completa, aínda que sexa inferior a 6 meses, baixa na RAI; o mesmo de superar o límite de rendas. Podes solicitar a reincorporación nos 15 días hábiles desde que finalizas o contrato, deixas de superar o límite de rendas, etc. Ao igual que antes, de pasar os 15 días, perdes días de percibir a RAI.
No referido ao emprego e RAI. De ter un emprego a tempo completo, cobras unha “axuda de acompañamento”, que é o 25% da RAI, durante o tempo no que esteas empregada e cun máximo de 180 días (e sen que este tempo que esteas de baixa na RAI a alongues despois, son días que perdes. É dicir, de cobrar 2 meses RAI, traballas 5, logo xa só poderías cobrar os 4 que restan até 11).
- Non podes percibir a RAI de teres ingresos superiores ao 75% SMI.
Por suposto, dende que cobras a RAI, quedas “titorizado” polo Servizo Galego de Colocación.
_PROGRAMA PREPARA
Dirixido a desempregados que, tendo esgotado e sen teren dereito a prestacións ou subsidios, presenten cargas familiares o sexan parados de longa duración (máis de 12 meses dos últimos 18 en situación de desemprego). Ademais, esixen carencia de rendas (non superiores ao 75% SMI mensual, excluída a parte proporcional de dúas pagas extras).
A contía será o 75% do IPREM, con carácter xeral, ou do 85% para quen acredite 3 ou máis persoas ao seu cargo.
O PREPARA, tiña unha duración inicial de 6 meses, e con obriga de ser prorrogado automaticamente por períodos iguais cando a taxa de desemprego sexa superior ao 18% (a través d Real Decreto-Lei 1/2016, de 15 de marzo, baixaron a taxa de desemprego do 20 ao 18%).
[NESTES MOMENTOS O PROGRAMA PREPARA ESTÁ PENDENTE DE CONCRETAR SI O RENOVAN E EN QUE TERMOS]
_PROGRAMA DE ACTIVACIÓN PARA O EMPREGO
O acceso a dita axuda obriga a cumprir os seguintes requisitos, bastante leoninos, que fan que poucas persoas entren no programa:
- Pasares un cando menos un mes desde o esgotamento de calquera prestación ou subsidio. Non consideran esgotamento a extinción derivada dunha sanción ou baixa no dereito por causas imputables ao beneficiario.
- As persoas desempregadas deberán presentar a solicitude entre o 1/05/2017 e o 30/04/2018.
- As persoas deben figurar inscritas como demandantes de emprego en data 1 de maio de 2017, o ter estado inscrita ante do 1 de decembro de 2014 ou do 1 de abril de 2016. Dito requisito entenderase cumprido nos supostos nos que a persoa, aínda non estando inscrita como demandante de emprego nalgunhas das datas nomeadas, teña interrompida a inscrición por mor dun emprego por conta allea, sempre que a duración do contrato fóra por tempo inferior a 90 días, e ter permanecido en dita situación 270 días nos 18 meses anteriores á solicitude de ingreso no programa.
- Só podes cobrar o PAE unha vez (aínda que cumpras os requisitos).
- Ter responsabilidades familiares, carencia de rendas (non superar en cómputo mensual o 75% do SMI).
- Contía: 80% do IPREM) que poderán percibir un máximo de 6 meses. Pódese compatibilizar un contrato por conta allea coa percepción da axuda, malia que che descontan do salario o importe da axuda da PAE durante 5 meses.
As beneficiarias deben cumprir cunha serie de obrigas de activación, que se poden agrupar en tres bloques:
1) subscribir un compromiso de actividade.
2) acreditar accións de procura activa de emprego no mes seguinte
*Que consideran unha procura activa de emprego (BAE no argot)? 1 BAE=emprego por conta allea ou propia - 1 BAE=entrevista de traballo - 1 BAE= entregar 3 curriculums selados e con data en 3 empresas - 1 BAE=inscrición nunha axencia de emprego (=ETT) - 1 BAE=inscrición en web tipo infojobs ou similar - 1 BAE=presentación, cando menos, a unha oferta xestionada polos Servizos Públicos de Emprego.
3) participar nas accións de mellora da empregabilidade e procura activa de emprego previstas no itinerario individual e personalizado de emprego.