modelo

A pandemia orixinada pola COVID-19 deteriorou, aínda máis, as condicións de vida de moitas persoas que xa andabamos nas periferias. En xuño de 2020, con gran rebumbio, o goberno de España aprobou o Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como

Hai uns meses publicabamos unha entrada baixo o título: Se tardan máis de tres meses en resolver a túa RISGA, RECÓRREA! Nela achegabamos un modelo de alegación para que as persoas que sufrían os atrasos na tramitación da RISGA, por parte dos concellos e da Xunta, fixeran saber á administración autonómica que tres meses era o prazo máximo -marcado por eles na lei- para resolver os expedientes.

Non cansamos de repetir que unha cousa é a crúa realidade que padecemos e outra os dereitos que nos amparan cando menos coas leis na man. Estamos fartas de escoitar a persoas que levan demasiados meses agardando pola RISGA ou por unha Axuda de Emerxencia Social (AES) e que fronte a isto o único que se lles ofrece é resignarse. Aínda que en retroceso algúns dereitos temos, e estamos dispostas a defendelos xa que estamos a falar do máis elemental: comer, ter un teito, pagar as facturas...