Prestacións

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo continúa sen mostrar vontade algunha de aclarar o relativo á xestión das Axudas de Emerxencia Social (AEM) e, o que é máis preocupante, segue sen dar respostas xustas ás necesidades reais dun número crecente de persoas na nosa cidade.

Segundo recollen as propias bases, as AEM teñen como finalidade: “Apoiar a aquelas persoas, familias ou colectivos que carecen de recursos económicos para satisfacer as súas necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”. Sen embargo, a realidade é moi distinta.

Con data de 12 de xuño foi publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia un acordo aprobado por unanimidade no que os grupos con representación no parlamento galego instan á Xunta de Galicia (e tamén aos concellos) a que “axilice” a tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e das axudas de inclusión social para cumprir os prazos que marca a normativa vixente. Igualmente, a proposta aprobada pide á Xunta que a todas as persoas que solicitaran a RISGA a través da Lei de Inclusión Social e estean a esperar pola resolución, superados os tempos legais establecidos (dous meses), lles sexa recoñecido o dereito á percepción da renda por silencio administrativo. Finalmente, o acordo reclama que todas as solicitudes rexistradas antes do 31 de marzo deste ano se resolvan nun prazo máximo de dous meses.

Algunhas fontes falan que no que vai de ano apenas concedéronse RISGAs. Non sabemos se a entrada en vigor da nova lei, o aumento do número de solicitudes, a mala xestión, a falta de cartos...

Froito das presións que nos últimos meses viñan exercendo a ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS), no primeiro trimestre do ano o concello de Vigo, a través da concelleira Isaura Abelairas, anunciou mudanzas na tramitación das Axudas de Emerxencia Municip

O 2014 viu cunha nova lei de RISGA (Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia). A nova normativa trouxo mudanzas na prestación. Mentres non vexamos o decreto que a desenvolva e un aumento importante das partidas dedicadas, non saberemos se os cambios serán para ben. Polo momento o que atopamos na Xunta é caos e falta de cartos que impiden o acceso ao dereito a unha vida digna.

As persoas que percibían RISGA con anterioridade ao 2014 seguirán coa lei anterior, para paulatinamente nas renovacións de 2015 ir adaptándose á nova normativa.

Desde a ODS-Coia seguimos animando a loitar polos dereitos de todas. Os prazos de agarda pola RISGA seguen a ser moi elevados e insostibles para moitas persoas e familias. Por esta razón achegamos un novo modelo de alegación para presentar no rexistro da Xunta de Galicia.

As compas de Berri-Otxoak o din así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Estes camiños tratamos de andar, e semella que o tempo de loita na rúa, nos despachos, nos rexistros presentando escritos... deron froitos. Nos últimos meses denunciamos a opacidade na xestión das axudas emerxencia municipais (AEM), a ausencia dun protocolo que respectara o procedemento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos deixaban nunha situación de indefensión ante unha administración xorda ante a realidade social que viven as persoas.

A presión e as razóns que fomos quen de colocar trouxeron o recoñecemento da necesidade dun procedemento. Agora o concello recoñece que podemos presentar "a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou nos Centros Municipais de Servizos Sociais onde están as diferentes UTS."

Hai uns meses publicabamos unha entrada baixo o título: Se tardan máis de tres meses en resolver a túa RISGA, RECÓRREA! Nela achegabamos un modelo de alegación para que as persoas que sufrían os atrasos na tramitación da RISGA, por parte dos concellos e da Xunta, fixeran saber á administración autonómica que tres meses era o prazo máximo -marcado por eles na lei- para resolver os expedientes.

Non cansamos de repetir que unha cousa é a crúa realidade que padecemos e outra os dereitos que nos amparan cando menos coas leis na man. Estamos fartas de escoitar a persoas que levan demasiados meses agardando pola RISGA ou por unha Axuda de Emerxencia Social (AES) e que fronte a isto o único que se lles ofrece é resignarse. Aínda que en retroceso algúns dereitos temos, e estamos dispostas a defendelos xa que estamos a falar do máis elemental: comer, ter un teito, pagar as facturas...

Á ODS-Coia chegan moitas persoas que nos contan das dificultades que pasan para chegar a fin de mes e que na procura de respostas acoden a servizos sociais.

O máis común é que veñan con respostas do tipo: “non hai cartos”, “hai moita xente na túa situación”, “tes que agardar meses pola axuda”, “pide alimentos en Cáritas”...

Hai tempo que vimos dicindo que estamos cansas e fartas de ter que ser sempre as mesmas as que paguen as consecuencias do capitalismo, mentres “a declaración de impostos de Apple en España sáelle a devolver,malia que no 2011 os seus ingresos aumentaron un brutal 1.400%” ou ao presidente de Bankinter facenda lle devolve na súa declaración da renda máis de 2 millóns de euros. E todo dentro da legalidade!

Por iso a todas aquelas que buscan na RISGA (renda de integración social de Galiza) uns cartos cos que intentar pasar o mes, lles dicimos que presenten alegacións no rexistro da Xunta de Galicia cando pasen tres meses dende a data na que presentaron a solicitude desta prestación.

En Berri-Otxoak hai tempo que elaboraron unha lista con consellos moi prácticos e que é necersario ter en conta cando vaias á cita coa traballadora social na procura de respostas aos teus problemas económicos.

Así nolo contan: “Berri-Otxoak es una plataforma contra la exclusión social y por los derechos sociales, ni agentes institucionales, ni intermediarios, ni hermanitas de la caridad”. Con esa premisa aí van uns...

Consellos prácticos:

"- La trabajadora social es una empleada  a quien se le ha encargado dar el visto bueno a las ayudas sociales. Desde luego tiene superiores políticos que le marcan directrices y le piden cuentas. En algunos lugares, están subcontratadas como autónomas, nada menos. Cada una tiene su carácter, compromisos personales e ideología. No es tu amiga/o, ni tu confidente.

Estamos nun momento no que sectores de poboación que sobrevivían grazas aos traballos na construción ou no sector da automoción, por poñer dous exemplos paradigmáticos, decátanse de que a vida tal e como a tiñan montada de súpeto se derruba.

Onte no DOG publicabase a orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012.

Continúan a medrar os problemas que vimos vivindo dende hai anos.

Se paramos a nosa ollada na RISGA os datos dan pena, mentres os medios recollen todos os días novas do que se fai cos nosos cartos. Estes días tocaron exemplos das axudas á banca e á industria do automóbil.

Así as perceptoras de RISGA teñen que malvivir con realidades coma estas, segundo datos da Xunta para o primeiro semetre de 2011:

- A contía media da RISGA é de 387,17 €

- En Vigo hai 1123 perceptoras da RISGA, con datos coma estes

- O 40% das solicitudes de RISGA son desestimadas