Estamos nun momento no que sectores de poboación que sobrevivían grazas aos traballos na construción ou no sector da automoción, por poñer dous exemplos paradigmáticos, decátanse de que a vida tal e como a tiñan montada de súpeto se derruba. Así tras os fins de contrato, EREs, despedimentos comezan os problemas para manter o nivel de consumo que obriga a cambiar de móbil, de coche, de televisor cada certo tempo, a recorrer á axuda familiar, a ter problemas cos pagos da vivenda, a acumulación de débedas...
De súpeto as deslocalizacións, a precariedade laboral, os abusos da banca, a perda de dereitos laborais e sociais tomaron corpo nas súas vidas, e comezaron a padecer as presións dunha minoría mundial que necesita medrar o seu capital á conta de todas.
Así xentes que nunca estiveran en contacto co mundo dos servizos sociais comezan a achegarse pedindo solucións, unha vez que esgotaron paro ou que a axuda da familia non da para máis. Aí danse conta de que para percibir a RISGA terán que pasar un camiño de atrancos e de prexuízos, para no mellor dos casos cobrar unha media de 400€ que non lles da para nada.
Malia a crueza da realidade, dende a ODS-Coia animamos a todas a presentarse en servizos sociais esixindo que dende os poderes públicos se dean respostas. Non falamos máis que de poder vivir con dignidade, para o cal necesitamos cando menos: comer, ter un teito, vestirnos... E que non digan que non hai cartos cando as empresas do IBEX35 tiveron no 2010 uns beneficios de máis de 50.000 millóns de euros ou cando os salarios dos seus directivos medraron un 14% en tempos de crise.
Remexendo entre as poucas axudas, imos deternos no Programa de Recualificación Profesional (PREPARA), coñecido tamén polos 400€ que Zapatero aprobou e que se foi renovando para aquelas que esgotaran as prestacións do INEM. Por iso se traballaches hai un tempo e xa non tes prestación, dedica un tempo a ler este resumo ou pasa polo INEM para que che conten máis.
:: Programa de Recualificación Profesional (PREPARA) ::
:: Normativa:
- Real Decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e aa recualificación profesional das persoas desempregadas. (BOE nº 37 do 12/02/2011)
- Real Decreto-lei 10/2011, de 26 de agosto, de medidas urxentes para a promoción do emprego dos xóvenes, o fomento da estabilidade no emprego e o mantemento do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego. (BOE nº 208 do 30/08/2011)
- Resolución de 30 de agosto de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determina a forma e prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a sua protección por desemprego, establecidas no Real Decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro, e prorrogadas polo Real Decreto-lei 10/2011, de 26 de agosto.
- Real Decreto-lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público.(BOE nº 315 do 31/12/2011). Prorrógase, por 6 meses, a aplicación do establecido no artigo 6 do Real Decreto-lei 10/2011, de 26 de agosto.
- Resolución de 15 de febrero de 2012, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determina a forma e prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a sua protección por desemprego, establecidas no Real Decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro, e prorrogadas polo Real Decreto-lei 10/2011, de 26 de agosto.(BOE nº 41 do 14/02/2012)
:: Obxecto:
Prorrogar as axudas económicas de acompañamento para o proceso de recualificación profesional das personas que esgoten a súa prestación por desemprego.
A finalidade desta axuda é a de reforzar e facilitar a participación das persoas desempregadas e o programa de recualificación profesional.
:: Persoas beneficiarias
Persoas inscritas nas Oficinas de Emprego como desempregadas por extinción da súa relación laboral que, dentro do período comprendido entre o día 15 de febreiro de 2012 ata o 15 de agosto de 2012, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego establecidos no artigo 215 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/994, de 20 de xuño, ou ben esgoten algún destes subsidios incluidas as súas prórrogas.
Non poderán percibir as axudas reguladas neste programa:
1. as persoas que percibiran a prestación extraordinaria do programa temporal por desemprego e inserción
2. as personas que houberan sido ou poideran ser beneficiarias do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego nos termos establecidos no Real-Decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro.
3. as que esgotaran ou poideran ter dereito á RAI.
4. as que esgotaran a renda agraria ou o subsidio por desemprego, ambos a favor das persoas traballadoras eventuais do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social.
:: Requisitos
Carecer de rendas superiores en cómputo mensual ao 75 % do SMI excluida a parte proporcional de duas pagas extraordinarias. Computaranse como rendas o importe dos salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas concedidas por outras Administraciones Públicas.
Ainda que a persoa solicitante carezca de rendas, se ten cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores desa idade con, polo menos unha discapacidade do 33 % ou menores acollidos, únicamente se entenderá cumprido o requisito de carencia de rendas, cando a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar así constituida, incluida a persoa solicitante, dividida polo número de membros non supere o 75 % do SMI excluida a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
:: Contía da axuda:
A contía mensual será do 75 % do IPREM vixente en cada momento (399,38 €) ata un máximo de 6 meses desde a solicitude da mesma, con independencia de cualquiera tipo de interrupción na percepción da axuda, podendo verse ademáis minorada no seu importe nas seguintes circunstancias establecidas no apartado seguinte.
:: Compatibilidade das axudas:
Estas axudas serán compatibles con cualquera outro tipo de rendas mínimas, salarios sociais ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Administracións Públicas que poidera percibir a persoa beneficiaria, sempre que o importe destas sumado ao da axuda mencionada non supere, en concepto mensual, o importe do 75 por cento do SMI, excluida a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
No caso de superar este límite, o importe desta axuda minorarase ata o conxunto de rendas percibidas pola persoa beneficiaria non supere o límite establecido.
Asimismo, serán compatibles coas axudas de transporte, manutención e aloxamiento por asistencia a accións de formación para o emprego establecidas na súa normativa reguladora, non sendo computables como rendas aos efectos desta axuda.
Estas axudas son incompatibles co traballo por conta propia ou allea, e coas prestacións sociais de carácter económico que resulten incompatibles co traballo.
:: Documentación:
Solicitude
Xustificante dos ingresos obtidos no mes anterior á solicitude, tanto pola persoa solicitante como, no seu caso, o cónxuxe e/ou fillos que se manteñan no momento de efectuar a mesma.
No suposto de que a persoa solicitante tivera a condición de vitima de violencia de xénero ou doméstica, non deberá achegar xustificación dos ingresos obtidos polo cónxuxe ou fillo agresor.
No caso de separación ou divorcio achegarase a sentencia e/ou convenio regulador onde figure a cantidade por pensión alimenticia a favor dos fillos e, se é o caso caso, a pensión compensatoria.
:: Lugar de presentación:
Servizo Público de Emprego
:: Prazo de presentación:
No prazo máximo de dos meses desde a dat en que esgotaran o dereito á prestación. Poderán presentarse solicitudes ata o 15 de agosto de 2012.