O 2014 viu cunha nova lei de RISGA (Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia). A nova normativa trouxo mudanzas na prestación. Mentres non vexamos o decreto que a desenvolva e un aumento importante das partidas dedicadas, non saberemos se os cambios serán para ben. Polo momento o que atopamos na Xunta é caos e falta de cartos que impiden o acceso ao dereito a unha vida digna.
As persoas que percibían RISGA con anterioridade ao 2014 seguirán coa lei anterior, para paulatinamente nas renovacións de 2015 ir adaptándose á nova normativa.
Desde a ODS-Coia seguimos animando a loitar polos dereitos de todas. Os prazos de agarda pola RISGA seguen a ser moi elevados e insostibles para moitas persoas e familias. Por esta razón achegamos un novo modelo de alegación para presentar no rexistro da Xunta de Galicia.
En resumo: desde a entrada de toda a documentación a Xunta ten 2 meses para resolver a RISGA. Transcorrido dito prazo de dous meses, se non hai notificación a resolución entenderase estimada por silencio. Continua o prazo máximo de 1 mes, desde a presentación da solicitude inicial, para que os servizos sociais dos concellos envíen a documentación completa á Xunta, co informe de valoración. De non o faceres así, suspendese o prazo máximo para resolver.
Animádevos a presentar as alegacións!