Solicita os 360€ por ter fillxs menores de tres anos

Onte no DOG publicabase a orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012.

A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo. A maiores disto a orde impide que as persoas que teñan débedas coa administración poidan percibir estes cartos. Na nova que publica o Faro de Vigo a maiores sinalan que los cambios introducidos este año son bastantes más suaves que los realizados en la convocatoria de 2011, cuando la Xunta recortó en un 40% el presupuesto destinado a las ayudas por cada hijo menor de tres años, al pasar de 4,8 millones de euros a los 2,7 actuales.

Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración da renda correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o  prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro luns 26 de marzo.

Podes consultar o DOG coa orde, e descargar o formulario de solicitude pinchando aquí.