recurso

Á ODS-Coia chegan moitas persoas que nos contan das dificultades que pasan para chegar a fin de mes e que na procura de respostas acoden a servizos sociais.

O máis común é que veñan con respostas do tipo: “non hai cartos”, “hai moita xente na túa situación”, “tes que agardar meses pola axuda”, “pide alimentos en Cáritas”...

Hai tempo que vimos dicindo que estamos cansas e fartas de ter que ser sempre as mesmas as que paguen as consecuencias do capitalismo, mentres “a declaración de impostos de Apple en España sáelle a devolver,malia que no 2011 os seus ingresos aumentaron un brutal 1.400%” ou ao presidente de Bankinter facenda lle devolve na súa declaración da renda máis de 2 millóns de euros. E todo dentro da legalidade!

Por iso a todas aquelas que buscan na RISGA (renda de integración social de Galiza) uns cartos cos que intentar pasar o mes, lles dicimos que presenten alegacións no rexistro da Xunta de Galicia cando pasen tres meses dende a data na que presentaron a solicitude desta prestación.