O curso foi longo e as situacións persoais, laborais, políticas... fan mella e por iso queremos tomarnos este mes de agosto de descanso.
Os luns de agosto o punto de información estará pechado, porén tedes na web unha chea de información e por mail si que estaremos. Volvemos co punto o luns 31 de agosto en horario de 17:00 a 19:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (Coia).
Do mesmo modo as asembleas polos dereitos sociais que facemos cada quince días os martes ás 17:00 tamén paran. Retomaremos o martes 1 de setembro.
Aproveitamos para facervos unha recomendación de lectura veraniega: Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas!