Encontro do Foro Galego de Inmigración: “Polo dereito a vivir dignamente”

Dámoslle pulo ao encontro que nesta fin de semana organiza o Foro Galego de Inmigración en A Coruña baixo o título: "Polo dereito a vivir dignamente".

Partillamos a información e o programa:

_Data: Sábado 10 de xuño

_Lugar: A Coruña, Casa Museo Casares Quiroga na rúa Panadeiras nº 12 (no centro histórico).

_Programa:

10:30 - Acollida

11:00 - Mesa Redonda: “Rachemos coas fronteiras da exclusión: O papel das rendas sociais”. Silvia Cameán,  Concelleira de Benestar Social de A Coruña; Ruth López (Colectivo Baladre-Erletxea); unha persoa perceptora da renda local de A Coruña; Bieito Lorenzo Penela (Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela). Modera Leticia Castro (Foro Galego de Inmigración)

13:00 - Pasarrúa Reivindicativo (preténdese que teña un carácter festivo, con música e non que sexa unha simple manifestación) que rematará no Campo da Leña

14:00 - Xantar compartido

16:00 - Formación "Renda básica das iguais; construíndo comunidade para desbordar o capitalismo" a cargo de Ruth López (Baladre-Erletxea)

17:30 - Espazo de Asemblea

18:30 - Remate do Encontro

+ info: www.forogi.wordpress.com