Celebramos o "Día contra a riqueza" con presentacións da Guía de Axudas Sociais

Este ano volvemos a celebrar o que renomeamos hai un par de anos como "Día contra a riqueza".

Nesta ocasión aproveitaremos a data para facer dúas presentacións da recén editada Guía de Axudas Sociais.

O xoves 16 de outubro estaremos no CSOA A Quinta da Carmiña a partires das 19:30 presentando a guía en Vigo.

Ao día seguinte, é dicir, o venres 17 acudimos ao convite da xente do CS A Comuna (Verea do Polvorín 35, A Coruña) para presentar no norte da Galiza esta ferramenta. O acto comezará alí ás 20:00 e nel poderedes atopar as guías.