A semana que ven imos celebrar na data do 8 de marzo o día internacional das mulleres, a Marcha Mundial das Mulleres de Galiza co motivo deste día lanzou unha campaña que leva por título: "Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!".
Así nolo presentan na web: "Despóis da posta en marcha da campaña polo 8 de Marzo 'Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos' están en marcha as actividades/actos locais cos que as feministas galegas preparamos este ano a reivindicación no noso día internacional. Convocatorias de charlas, accións de rúa, mobilizacións, encontros de mulleres, debates e todo tipo de espazos comúns teñen lugar estes días nos que, xuntas, camiñamos cara o 8 de Marzo.
Estes actos teñen lugar baixo un lema común e un manifesto conxunto elaborado coas exixencias ante a situación que estamos a vivir."