A semana pasada os medios de comunicación da cidade publicaban varias novas sobre a situación na que se atopan a familia de Casiano e Isabel.
O seu caso retrata os problemas de moitas de nós: dificultades para chegar a fin de mes, problemas de vivenda, falta de traballo, etc. Ante isto a resposta das distintas administracións é nula.
Cansos de aguantar esta situación achegáronse á ODS-Coia. Alí en común decidimos que o mínimo que podiamos facer era contar esta situación e usala para reclamar que a falta de dereitos e a indefensión ante o sistema capitalista non son anecdóticas. Por iso a varias mans construímos un texto dirixido ao Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo e Defensor do Cidadán e que tamén achegamos aos medios, no que a maiores de contar a súa realidade esixían que se tomaran medidas.
Seguiremos na loita polos dereitos sociais de todas!