axudas económicas

Esta mañá ás 11:30 horas medio cento de persoas concentrámonos no Concello de Vigo convocadas pola Oficina de Dereitos Socias-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) para denunciar unha vez máis a indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos aos Servizos Sociais municipais para solicitar Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a sufragar necesidades sociais tan elementais como vivenda, alimentación, vestimenta...

Unha vez alí fixemos unha entrega colectiva no Rexistro dun escrito dirixido aos Valedor do Cidadán, ao Valedor de Pobo e ao Defensor del Pueblo no que lles solicitamos que interveñan para poñer fin ao funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Social (AEM).

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vimos denunciando dende hai tempo, máis aló da absoluta insuficiencia dos recursos económicos destinados por Concello e Xunta a paliar a grave situación de empobrecemento da cidadanía, o funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a persoas ou familias en situación de necesidade social para sufragar gastos persoais, de vivenda, aloxamento, alimentación e atención sanitaria.

No contexto desa denuncia pública, consideramos imprescindible deixar constancia por escrito da realidade de indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos ás UTS para solicitar unha AEM.

A revista A Boia vén de publicar un texto sobre a cuestión das axudas de emerxencia social no Concello de Vi

Achegamos o texto: Os cartos de todas para todas! publicado na revista A Boia sobre as axudas de emerxencia do concello de Vigo e o seu nefasto funcionamento para a cidadanía:

O dicimos na rúa, o dicimos con razóns, o dicimos colectivamente e non pararemos ata que os poderes sintan que roubarnos as nosas vivendas, a nosa saúde, a nosa educación, as nosas pensións, os nosos dereitos, as nosas VIDAS... non lles vai ser doado.

Só en Galiza hai máis de 650.000 persoas por baixo do limiar da pobreza, mentres unhas poucas familias acumulan a riqueza de todas de modo insultante. Pero a crúa realidade que vivimos pode ter outra cara se somos quen de aglutinar forzas que traballen arreo pola transformación radical deste sistema asasino.

O pasado 1 de novembro publicamos nas webs da ODS-Coia e da Parroquia Cristo da Victoria un texto titulado “Invisibilizando as persoas empobrecidas: a tramitación das axudas de emerxencias municipais”, co que pretendiamos denunciar unha vez máis o funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais (AEM).

Ante o malestar expresado por un sector do colectivo de traballadoras sociais por algunhas das afirmacións que realizabamos no artigo, e tras unha reflexión autocrítica, queremos facer constar a seguinte rectificación: recoñecemos que, tal e como están redactadas algunhas partes do texto, conteñen unha xeneralización que sen dúbida é inapropiada. Nese sentido, queremos manifestar que non era a nosa intención realizar unha valoración negativa con carácter xeral do labor que levan a cabo estas profesionais nas Unidades de Traballo Social (UTS).

Hoxe 23 de outubro ducias de persoas convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) quixeron celebrar publicamente o Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Con motivo deste Día contra a riqueza, concentrámonos ás 11:30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Todas as persoas que alí estabamos fomos envoltas cun rolo de papel por dúas personaxes caracterizadas como o Alcade de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, quedando de manifesto que a súa resposta ás demandas xustas da cidadanía máis empobrecida non son máis que “rollos”, nunca solucións.

Posteriormente procedemos a ler un manifesto no que, por unha banda, presentamos a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; e por outra, esiximos unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.

Preto de cincuenta persoas acudimos hoxe, chamados pola ODS-Coia e pola parroquia do Cristo da Victoria, ao concello para facer entrega no rexistro de dous escritos: un para Isaura Abelairas, concelleira de Benestar social e outro para Abel Caballero, alcalde de Vigo.

Coa entrega colectiva e publica destas follas queriamos denunciar que as Axudas de Emerxencia Social xestionadas pola concellería de Benestar son: insuficientes, opacas na súa tramitación e deficitarias no procedemento. E todo isto cando estamos nunha situación de emerxencia social marcada pola falta de recursos, o desemprego, a perda de poder adquisitivo... Por estas razóns,  participamos neste acto no que esixiamos dereitos e non caridade.

Hoxe 22 de xaneiro, un grupo de veciños e veciñas da cidade presentámonos no despacho da xefa das traballadoras sociais do concello de Vigo ante a falta de resposta á petición das bases das axudas económicas de emerxencia. Peticións que fixeron persoas diferentes e en varias ocasións, as últimas nos meses de outubro e novembro do pasado ano.

Pese a non levar cita fomos atendidos e saímos coas citadas bases, que achegamos como arquivo .pdf nesta entrada. A técnica manifestou que non sabía nada desas peticións, que as bases para 2013 aprobáronse en xunta de goberno hai uns días e que eran públicas. A rapidez e sinxeleza da entrega de hoxe, choca co silencio ás peticións feitas por escrito.