defensor pueblo

Maña, xoves 6, estaremos no concello de Vigo dende as 11h30 para entregar colectivamente un

Volvemos e volveremos ao concello -e a onde sexa necesario- para defender os nosos dereitos, que a través da concellaría que dirixe Isaura Abelairas, négase a recoñecer aqueles máis básicos. A razón é a indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos aos servizos sociais municipais para solicitar Axudas de Emerxencia Municipais (AEM ), que son aquelas destinadas a sufragar necesidades sociais tan elementais como: vivenda, alimentación, vestimenta...

Cansas de que non escoiten, decidimos facer unha entrega colectiva e pública dun escrito dirixido a: Valedor do Cidadán, Valedor do Pobo e Defensor del Pueblo no que lles solicitamos que poñan fin ao funcionamento arbitrario e inxusto dos servizos sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais.

Por estas razóns a ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos unha CONCENTRACIÓN o XOVES 6 de febreiro ás 11h30 no CONCELLO (Praza do Rei), para logo entrar xuntas no rexistro e facer ENTREGA do ESCRITO de DENUNCIA.

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vimos denunciando dende hai tempo, máis aló da absoluta insuficiencia dos recursos económicos destinados por Concello e Xunta a paliar a grave situación de empobrecemento da cidadanía, o funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a persoas ou familias en situación de necesidade social para sufragar gastos persoais, de vivenda, aloxamento, alimentación e atención sanitaria.

No contexto desa denuncia pública, consideramos imprescindible deixar constancia por escrito da realidade de indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos ás UTS para solicitar unha AEM.