sen teito

Este titular aparecía onte no Faro de Vigo: "El Concello acepta reformar el edificio de As Avenidas "tomado" por indigentes" e a semana anterior no mesmo xornal este outro: "Continúa la indigencia en Montero Ríos pese al albergue".

Lendo estas dúas desinformacións/deformacións non atopamos escrito por ningures que varias persoas malia existir o dispositivo de frío teñen que quedar nas rúas –segundo o xornal as prazas non se cobren- xa que hai uns días máximos de estancia continuada.

Máis claro aínda, nun recurso que se abre para que nos meses máis fríos do ano ninguén quede obrigatoriamente na rúa poñen como norma que a partir de tantos días seguidos acudindo non podes usalo.

Hai unhas semanas dende o concello anunciaban a apertura de dous dispositivos para atender as necesidades das persoas sen fogar.

O grupo de autoaxuda VIH-Sida e adicións IMÁN da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo e a Comunidade Parroquial C

Este martes, 4 de maio, ás 19h00 o grupo Imán e a nosa comunidade do "Cristo da Victoria" convocan unha concentración na Praza do Rei como acto de peche da acampada

A loita pola apertura do Centro de Emerxencia Social segue aberta e neste caso o Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións "O Imán" da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo convoca a partir das 21h00 do 26 de abril, unha acampada na Praza do Rei, que se prolongará en principio durante dez noites consecutivas, para esixir a INMEDIATA APERTURA DO CENTRO DE EMERXENCIA SOCIAL en Vigo.

A Rede Social Galicias Sur CONVOCATE ao acto para reclamar a apertura do Centro de Inclusión Social Público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

Isto xa foi aprobado en pleno Municipal do Concello de Vigo, e seguimos á espera tras SEIS ANOS !!!!

QUE? acto para reclamar a necesidade de apertura dun centro de inclusión social público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

ONDE? concentración diante do MARCO (rúa do Príncipe) para posteriormente marchar ata a praza da Constitución pola mesma rúa do Príncipe e cruzando a Porta do Sol.

CANDO? este xoves, 15 de abril de 2010 ás 19:30

A Rede Social Galicia Sur convoca para o xoves día 12 de novembro ás 19.00 horas unha concentración no edificio da Gota de leite no qu