O grupo de autoaxuda VIH-Sida e adicións IMÁN da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia, desexamos facer público que o vindeiro luns 23 de agosto ás 18h00 da tarde na praza da Constitución, levaremos a cabo unha concentración baixo o lema “Albergue xa para persoas sen fogar”.
Será unha tarde sen praia no que coas toallas faremos un tapiz multicolor solidario e no que cantaremos a cantiga: “Nas choupanas de Galicia, Nas choupanas de Vigo”.
Ao rematar leremos un manifesto e faremos tres minutos de silencio, mentres o gaiteiro Evaristo Alejos “Alex” tocará unha peza galega en lembranza das persoas finadas enfermas sen teito.