Hai un tempo Esther, avogada compañeira da ODS-Coia, elaborou unha pequena guía sobre como actuar ante as actuacións policiais. A citada guía foi elaborada para informar a xente do grupo IMÁN.
Como percibimos que os tempos de criminalización da pobreza lonxe de rematar semellan ir a máis, recomendamos que lle botedes unha ollada a estes consellos:
– Levar sempre encima o DNI.
– Se solicitan a identificación, non oporse.
– Se se realiza un cacheo:
– Esixir que sexa un policía do mesmo sexo que o rexistrado.
– Só poden ser rexistros superficiais, nunca intervencións corporais.
– Non hai obriga de deixar que rexistren bolsos, carteiras, mochilas, etc.
– Se queren requisar algún obxecto, deben facer un acta, asinada polo policía e o dono do obxecto e entregar unha copia.
– Non hai obriga de acompañar aos axentes a ningún lugar. Se queren or a Comisaría teñen que proceder á detención legal.
– Non hai obriga de facilitarlles ningunha información, datos, identificación de persoas, etc.
– Se hai detención:
– Obriga de que informen do motivo.
– Obriga de que avisen á persoa designada polo detido.
– Dereito a que leven ao detido ao Hospital.
– Dereito a solicitar medicamentos, tratamento, etc.
– Nunca prestar declaración en comisaría (hai que declarar ante o Xuíz)
– Non dicir nada aos axentes (polo menos ata falar co avogado)
– A policía non ten capacidade de rebaixar a pena, nin quitar a denuncia, nin axudar ao detido de ningún xeito: non aceptar tratos ou favores.
– Por lei, presúmese sempre que os axentes de Policía non mentes: se existen malos tratos, coaccións, presións, e non hai probas diso, nunca se vai a crer a versión do detido se o Policía négao.
– Se se ordena abandonar un lugar ou vía pública deben existir razóns que o xustifiquen: pelexas, altercados, etc.
– A obriga de abandonar o lugar debe dirixirse contra todas as persoas que estean alí, se non, non hai obriga de facelo.
– Se é un local privado, debe haber previa denuncia do dono para que exista obriga de saír.
– Non é obrigatorio deixar entrar no domicilio aos axentes a non ser que exista risco ou perigo para algunha persoa.