despexo

Esta mañá medio centenar de persoas xuntámonos ás portas do Concello de Vigo para apoiar a Abel e Carmela.

A ODS-Coia convoca o venres 8 de novembro a partires das 11:00 unha concentración diante do Concello de Vigo baixo o lema: “Ningún despexo sen realoxamento. Vivenda para Abel e Carmela”.

Nos barrios, nas periferias resoan as verbas do alcalde de Vigo: “La oficina antidesahucios es mi mesa. Llamo yo al banco y los paro”. Declaracións que son insulto para moitas de nós, as que sufrimos a violencia cotiá de vivir sen termos cubertas as necesidades básicas.

O pasado venres Eugenia Alonso deu unha rolda de prensa na que explicou os detalles do seu despexo e na que aproveitou para sinalar ás administracións responsables de verse privada dun teito.

Hoxe un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves.

O venres 10 de xullo, ás 11:30 no salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria, a PAH Vigo-Tui Baixomiño, ODS-Coia e Os Ninguéns participaremos nunha rolda de prensa ofrecida polo compañeiro Juan Alberto Carreira, que foi recentemente afectado por unha orde de lanzamento do piso en alugueiro no que vive.

Alberto quere explicar o seu caso para ilustrar a problemática e visualizar que calquera de nós pode verse nesta situación; xunto a el, falaremos das dramáticas circunstancias nas que se atopan moitas viguesas afectadas por despexos e da falla de medidas por parte das institucións.