desaloxo

Partillamos a información sobre a mani en apoio ás compas do CSOA Escarnio e Maldizer desaloxado esta semana en Compostela. Todo o nosos apoio e agarimo!

Bloco a bloco desfam-se os muros. Se nos tiram os espaços, multiplicamos a solidariedade

O pasado venres Eugenia Alonso deu unha rolda de prensa na que explicou os detalles do seu despexo e na que aproveitou para sinalar ás administracións responsables de verse privada dun teito.

Mañá venres 12 de febreiro convocamos unha ROLDA de PRENSA baixo o lema: "Eugenia desaloxada pola forza". Será a partires das 10:00 no salón de actos da parroquia "Cristo da Vitoria" (r/Baiona 9, Coia - Vigo).

Hoxe un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves.