Mañá venres 12 de febreiro convocamos unha ROLDA de PRENSA baixo o lema: "Eugenia desaloxada pola forza". Será a partires das 10:00 no salón de actos da parroquia "Cristo da Vitoria" (r/Baiona 9, Coia - Vigo).
O mércores 10 de febrero, Eugenia e o seu fillo foron desaloxados da vivenda onde residían, por axentes da Policía Nacional, e sen previo aviso. Logo de procurar as axudas das administracións públicas, sen resultado, este sistema que nos oprime, gañou outra vez: Eugenia fica na rúa, sen casa e sen recursos. Co beneplácito do 'sistema xudicial' sempre ao servizo do capital e dos poderosos.
O venres Eugenia contará o seu caso. E porque todas poderíamos ser ela.. alí estaremos para acompañala. Acudide!