máis social

Dende a Asemblea por un Vigo +Social convidan a participar no faladoiro: “Servizos Sociais en Vigo, experiencias e propostas”. Será o venres 11 de xaneiro ás 18:00 na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).

Esta mañá ao redor dun cento de persoas acudiron a rolda de prensa convocada pola Asemblea por un Vigo +Social coa que presentaban a campaña #AlumeandoAMiseria.

Xuntamos o comunicado da campaña presentado esta mañá en Vigo:

A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.