Levamos varias semanas preparando unha nova campaña e no proceso de elaboración da mesma fomos atopando novas que poñen de manifesto a enorme cantidade de recortes no terreo dos dereitos sociais. Aquí deixamos unha mostra do atopado que ordenamos por administracións para facilitar o seu seguimento:
:: Na Xunta de Galiza
- Foron eliminadas as Axudas de integración ao Menor no 2011. Segundo di a lei tratábse de axudas individuais de prevención e apoio á familia e atención ao menor, mediante o procedemento de concorrencia competitiva A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada aos seus fillos e favorecer que permanezan no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlles ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.