star wars

Volvemos ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa "Caballero Vader". El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece...) e que empobrécenos a moitas.

Nuns días estrease a nova peli de Star Wars, en Coia non queriamos desaproveitar a ocasión para ofrecer a nosa ollada sobre esta saga. Por iso o vindeiro martes 19 de decembro convocamos unha concentración baixo o lema: Caballero, o lado escuro das políticas sociais.