caballero

O pasado 19 de decembro dende a Oficina de Dereitos Sociais de Coia convocabamos unha concentración na avenida de Castelao baixo o lema “Caballero, o lado escuro das políticas sociais”.

Volvemos ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa "Caballero Vader". El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece...) e que empobrécenos a moitas.