24/10 - Xuntanza: alumeado de nadal, crime social e ambiental

Tras a boa acollida da xuntanza do pasado martes 16 de outubro, volvemos a convocar un novo encontro. Será o mércores 24 de outubro ás 19:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Semella que persoas e colectivos da cidade de diferentes ámbitos non aturan as políticas que vimos sufrindo na cidade os últimos anos. O enorme gasto, comprometido ademais para catro anos, en alumeado e decoración de nadal provocou que moitas persoas comecemos a organizarnos para expresar que na cidade hai outras necesidades: cultura, políticas sociais, coidado da contorna... antes que dilapidar millóns de euros no mes de nadal.

Animamos a todas aquelas preocupadas polo Vigo que están a construír dende os poderes a xuntarnos para construír dende abaixo unha cidade onde entremos todas.