Pobreza

Este xoves estará en Vigo unha compa de Baladre: Isa Álvarez. Da man da campaña Impórtanos! Isa falará sobre consumo, soberanía alimentaria, agroecoloxía... Será este xoves 23 de novembro a partires das 19:00 no edificio do antigo reitorado na rúa Oporto 1º - 2º andar.

Obviamente o titular é falso. O dicimos na primeira frase para que ninguén leve a engano. Xa nos gustaría que moitas máis na Galiza e no Estado Español apostaran pola Renda Básica das iguais (RBis) como ferramenta para reorganizarmos a vida dende abaixo cunhas mínimas condicións para todas.

Dámoslle pulo a un texto que nos chegou nestes días, no que varias familias galegas denuncian os atrasos no pagamento, por parte da Xunta de Galicia, das axudas para menores de 3 anos.

Convidamos a participar na presentación do libro "Vidas Culpáveis, o controlo neoliberal do crime" que se vai celebrar o venres 3 de novembro a partires das 20:30 na Cova dos Ratos. No acto contaremos coa presenza do seu autor Borxa Colmenero.

A Asemblea Aberta de Coia convoca un peche solidario o sábado 28 de outubro de 12:00 a 00:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (Coia).

Como diría o noso querido José Iglesias: “Ademais de interpretar o mundo queremos mudalo”

Achegamos un novo exemplo da noxenta política social da Xunta. Hai unhas semanas unha veciña de Teis, recibía unha carta na que a Consellería de Política Social notificáballe que ficaba sen RISGA, é dicir, sen 399’38 € que supuñan os seus únicos ingresos mensuais.

Seguimos a recibir peticións de información e consultas, de diferentes persoas de Galiza, sobre a RISGA. Peticións que amosan que esta faragulla, lonxe de garantir unha vida digna, o único que ofrece a aquelas que a solicitan/perciben é incerteza, control, demoras, miseria...

As xentes de Baladre aproveitamos os verán para tirarnos ás rúas, estradas.... Este verán Euskadi, en concreto o barrio de Errekaleor na cidade de Gasteiz será o espazo que acolla a caravana-marcha 2017. Achegamos a info e o programa:

Dámoslle pulo a este artigo de Albert Sales a propósito da campaña "Ningún niño sin bigote" que vén de lanzar Obra Social "la Caixa" e Caixabank. Coincidindo coa publicación deste texto, algún colexio de Coia repartía ao alumnado publicidade desta campaña.

Dámoslle pulo a un texto dos compas de Asturias de "La emergencia no puede esperar". Hai uns días organizaron un debate sobre a proposta do concello de Xixón de implantar unha renda social muncicipal, no fío das medidas implantadas nos concellos de Compostela e A Coruña. Aquí o tedes:

Dámoslle pulo ao encontro que nesta fin de semana organiza o Foro Galego de Inmigración en A Coruña baixo o título: "Polo dereito a vivir dignamente".

Partillamos a información e o programa:

_Data: Sábado 10 de xuño