Este xoves estará en Vigo unha compa de Baladre: Isa Álvarez. Da man da campaña Impórtanos! Isa falará sobre consumo, soberanía alimentaria, agroecoloxía... Será este xoves 23 de novembro a partires das 19:00 no edificio do antigo reitorado na rúa Oporto 1º - 2º andar.
Achegamos o texto da convocatoria:
Isa Álvarez é , experta en Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía Emerxente, falará da alimentación como dereito humano fundamental fronte aos abusos do actual modelo de produción agrícola, ambientalmente insustentable e socialmente inxusto. Da Soberanía Alimentaria como proposta política cunha clara vocación transformadora baseada nos dereitos da persoa, do campesinado, da natureza, das mulleres, dos pobos indíxenas, etc. E do Consumo responsable e Agroecología como alternativas reais baseadas no diálogo e cooperación entre persoas consumidoras e produtoras.