Dámoslle pulo ao manifesto de apoio coa xente do barrio de Buenos Aires (Salamanca). Trátase dun barrio da periferia desta cidade, un deses espazos onde o abandono dos diferentes poderes durante anos provocaron que a vida sexa case impodible.
Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos.
Foron moitos meses de resistencia, pero o luns celebrabamos todas na parroquia do "Cristo da Vitoria" que o policía local retiraba a acusación contra Diego, o día antes do xuízo.
A Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia falsa por agresión dun axente municipal.
Diversos colectivos e organizacións lanzamos unha convocatoria contra a pobreza enerxética. Será o mércores 21 de decembro a partires das 20:00 e sairemos dende Vía Norte até o MarcoÁs 8 pm dia 21 percorrido Via Norte ata o Marco.
Profesionais de todos os ámbitos asinan un manifesto para pedir a liberdade de Diego Lores, que será xulgado o próximo 17 de xaneiro por unha suposta agresión a un axente municipal. A propia Fiscalía non aprecia indicios de delito e solicita o sobresemento do caso.
O 23 de novembro Carlos Taibo estivo en Vigo para participar nunha palestra. En dita actividade aproveitou para presentar o seu último libro: "Colapso: Capitalismo terminal, transición ecolóxica, ecofascismo" dentro das actividades polos 15 anos de Árbore.
Poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro.