8 ao 14 xaneiro – Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia

Dámoslle pulo a esta convocatoria coa vista posta no martes 17 de xaneiro, data do xuízo-farsa contra Diego:

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”.

A xira, que comeza o domingo 8 e remata o sábado 14 de xaneiro, procura sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores. El foi unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués.

Este ciclo de palestras, irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede que repasa os meses de conflito > https://www.youtube.com/watch?v=ISy2Ezu68w0

Con estas actividades queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social.

Para tratar estes temas contaremos con veciñas de Coia acompañadas de persoas que participaron en diferentes loitas co obxectivo de partillar experiencias e tecer redes na defensa doutras vidas que paguen a ledicia de seren vividas.

Calendario de actividades:

PONFERRADA
Domingo 8 xaneiro ás 15h00. Magaz de Arriba (Ponferrada)

FERROL
Luns 9 xaneiro ás 19h00. Ateneo Ferrolán (r/Magdalena 202-204)

SABARÍS
Martes 10 xaneiro ás 20h00. Casino de Sabarís (r/Julián Álvarez 33)

OURENSE
Mércores 11 ás 20h00. A Galleira (Praza de San Cosme)

REDONDELA

Mércores 11 ás 20h00. Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira s/n)

NIGRÁN
Xoves 12 xaneiro ás 20h00. A Casa Colorida (r/Rosalía de Castro 16)

PONTEVEDRA
Venres 12 ás 20h00. Casa das campás (r/Don Filberto 9)

VIGO
Sábado 14 ás 19h00. CS Faísca (r/Toledo 9)

- - -

+info: www.facebook.com/asembleaabertacoia