diego

A Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia falsa por agresión dun axente municipal.

Dámoslle pulo a esta convocatoria coa vista posta no martes 17 de xaneiro, data do xuízo-farsa contra Diego:

Profesionais de todos os ámbitos asinan un manifesto para pedir a liberdade de Diego Lores, que será xulgado o próximo 17 de xaneiro por unha suposta agresión a un axente municipal. A propia Fiscalía non aprecia indicios de delito e solicita o sobresemento do caso.

Dende a Asemblea Aberta de Coia continúan cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto.

Partillamos o programa especial que Nosotras las personas dedica á represión sufrida no barrio de Coia a propósito da loita na rotonda de Castelao.

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.

Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9h30.

Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.

O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos "exemplarizantes" para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.