nosotras las personas

Achegamos un especial de "Nosotras las personas" gravado co alumnado do Ciclo Superior de Intergración Social do colexio San Xosé da Guía, no que entre outros temas abordan o goberno de Abel Caballero nos últimos anos.

Esta semana o programa Nosotras las Personas de Radio Pimienta olla para Coia, o noso barrio. Ao redor dunha hora de radio de entrevistas conducidas por Manolo a Mari Mar, Bea e Diego para falar do barrio e destes 10 anos de traballo na ODS-Coia.

Partillamos o programa especial que Nosotras las personas dedica á represión sufrida no barrio de Coia a propósito da loita na rotonda de Castelao.

Nosotras las personas o programa de Baladre en Radio Pimienta entrevista esta semana a Emilio e Juan. Os presentan coma "dos históricos militantes del barrio de Coia en Vigo". O noso barrio está, nestes días, de actualidade debido á resistencia veciñal na rotonda de Castelao. Unha loita que non se pode entender sen as dinámicas comunitarias dunha parroquia que leva corenta anos da man da veciñanza.

Aconsellamos que escoitedes este programa que permite coñecer mellor a estes dous amigos e tamén algunhas das dinámicas veciñais que nos levaron ao estoupido de mobilizacións que trouxo nas últimas semanas a rotonda.

O audio o tedes pinchando neste enlace: http://audio.urcm.net/archivo/mp3/nosotras_2015-01-13_espCOIA.mp3

Nosotras las personas viaxa esta semana a Galiza para falar coas compañeiras Marta e Cristina, da asociación Kanguras, criando en brazos. Elas falarán das necesidades de coidados das crianzas, de partos, da renda básica das iguais e de moitas máis cousas interesantes para a vida.

Logo da entrevista o programa achéganos á poeta chiapaneca e activista feminisita, Rosario Castellanos. E como peche presentan a publicación "Cuando los cultivos alimentan los coches".

Podedes escoitar/descargar o audio do programa neste enlace: audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2014-05-27

Esta semana no programa de radio Nosotras las Personas entrevistan a Ana Belén Iglesias desde Coia (Vigo).

No apartado de Puntos de Información e territorios viaxan ata Euskal Herria, máis en concreto a Irún, co compañeiro Mariano.

En Zambra distribuidora Miguel achéganos á publicación "Cómo realizar una Asamblea. Como cada semana comezamos co comentario, desde Fuerteventura, de Jesús Giráldez.

O programa completo neste enlace: http://audio.urcm.net/archivo/mp3/nosotras_2013-12-24.mp3