radio Pimienta

Achegamos un especial de "Nosotras las personas" gravado co alumnado do Ciclo Superior de Intergración Social do colexio San Xosé da Guía, no que entre outros temas abordan o goberno de Abel Caballero nos últimos anos.

Os medios alternativos, e tamén os convencionais, seguen interesados na loita veciñal na rotonda de Coia.

Esta semana no programa de radio Nosotras las Personas entrevistan a Ana Belén Iglesias desde Coia (Vigo).

No apartado de Puntos de Información e territorios viaxan ata Euskal Herria, máis en concreto a Irún, co compañeiro Mariano.

En Zambra distribuidora Miguel achéganos á publicación "Cómo realizar una Asamblea. Como cada semana comezamos co comentario, desde Fuerteventura, de Jesús Giráldez.

O programa completo neste enlace: http://audio.urcm.net/archivo/mp3/nosotras_2013-12-24.mp3

Compartimos a entrevista a Esther Lora para o programa Nosotras las Personas de Radio Pimienta.

Esther é avogada e compañeira da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria, de IMÁN... leva anos na loita polos dereitos e na procura da xustiza socialcon para aquelas persoas e colectivos máis maltratados.

Nosotras las Personas é un programa feito pola xente de Baladre co apoio de radio Pimienta, unha radio comunitaria de Canarias. No programa atopamos loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...

O programa emitido o 29/10/2013 comeza co comentario de Jesús Giráldez dende Fuerteventura. A continuación temos a entrevista que Manolo lle fixo a Esther, para logo continuar coa sección sobre os Puntos de Información coa xente da Asamblea Canaria polo Reparto da Riqueza. O programa remata coa primeira sección das compas de Zambra.