avogada

Compartimos a entrevista a Esther Lora para o programa Nosotras las Personas de Radio Pimienta.

Esther é avogada e compañeira da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria, de IMÁN... leva anos na loita polos dereitos e na procura da xustiza socialcon para aquelas persoas e colectivos máis maltratados.

Nosotras las Personas é un programa feito pola xente de Baladre co apoio de radio Pimienta, unha radio comunitaria de Canarias. No programa atopamos loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...

O programa emitido o 29/10/2013 comeza co comentario de Jesús Giráldez dende Fuerteventura. A continuación temos a entrevista que Manolo lle fixo a Esther, para logo continuar coa sección sobre os Puntos de Información coa xente da Asamblea Canaria polo Reparto da Riqueza. O programa remata coa primeira sección das compas de Zambra.