Nosotras las personas: Especial "Rotonda de Coia"

Os medios alternativos, e tamén os convencionais, seguen interesados na loita veciñal na rotonda de Coia. Neste caso "Nosotras las personas", programa que Baladre ten en radio Pimienta, fai un especial sobre o conflito da rotonda.

Nel participan tres activas "rotondianas": Bea, Esther e Manolo Pipas. Nunha horiña farán un percorrido por estas semanas de resistencia veciñal.

Podedes escoitar ou descargar o programa neste enlace: http://audio.urcm.net/archivo/mp3/nosotras_2015-01-27_esp_COIArepresion.mp3