24/12 programa especial de "Nosotras las Personas" desde Vigo

Achegamos un especial de "Nosotras las personas" gravado co alumnado do Ciclo Superior de Intergración Social do colexio San Xosé da Guía, no que entre outros temas abordan o goberno de Abel Caballero nos últimos anos.

Neste programa elaborado pola xente de Baladre participan: Agustina Álvarez, Andrea Pérez, Sara Rodríguez, David Outero, Uxía Beiras, Tania Fontaiña e Marcos Vázquez. Todas elas reflexionan sobre as políticas sociais municipais, así como sobre outros problemas da cidade. Este programa especial de Radio Pimienta foi gravado en video, polo que deixamos ademais do podcast as imaxes para quen prefeira gozar doutro xeito:

http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2019-12-24_Especial-desde-Vigo