Dende a Asemblea Aberta de Coia continúan cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto. Por mor dunha montaxe policial: Diego enfróntase a unha petición de varios anos de cadea e máis de 15000 euros de responsabilidade civil; tan só por participar nas reivindicacións, e loitar por unha vida digna para todas.
Co obxecto de continuar xuntando os cartos colectivamente organizan un concerto solidario o vindeiro sábado 14 de maio no CSOA "A Quinta da Carminha" (r/Carme 1, entrada lateral). Comezará a partires das 20:30 e nel poderedes disfrutar da música de Saúl Zaitsev, Pipe Díaz e Nano Selektah.
Pola xustiza social. Contra o estado policial. Porque Diego poderíamos ser todas, acude e colabora!