Apoia a Baladre!

Como diría o noso querido José Iglesias: “Ademais de interpretar o mundo queremos mudalo”

Levamos moitos anos xa defendendo a RBis desde o plano teórico. E o que, fundamentalmente diferencia a nosa proposta doutras é a parte colectiva: o FONDO DE RENDA BÁSICA.

Disto imos falar neste texto, de como facer un Fondo de Economía Colectiva para (re)distribuír os recursos persoais e colectivos entre nós: as “xentes de Baladre” a quen o sistema capitalista hetero-patriarcal limítanos a vida. Porque entendemos que o colapso está aquí e agora; e porque creemos ferreamente nos procesos de apoio mutuo e de autoorganización, non?

Pero antes... UN POUCO DE HISTORIA

Até o ano 2004, a economía de Baladre cubríase cun ou dous concertos anuais. Foron anos de sacar recursos suficientes dos concertos contra a Pobreza, etc. Iso facía que ninguén tivese que pór recursos persoais ou grupais para a Coordinación. No 2005 fomos a Ribera del Fresno e con moitísimo esforzo, sacamos naquel concerto 1800€ (poucos recursos para tanto esforzo/traballo). No 2006 tivo lugar o derradeiro concerto contra a Pobreza e a Precariedade, en Écija, onde sacamos 1000 €. Decatabámonos que remataba unha etapa de 20 longos anos de concertos baladrinos. Foi o momento no que apostamos polas achegas persoais e grupais, para dispor de recursos colectivos, como Baladre.
Levamos doce anos de poucas achegas á conta de Baladre. Isto xerou un oco grande ante moitas necesidades baladrinas. Até o punto de que desde hai CINCO ANOS, algunhas persoas poñen enriba da mesa a importancia de buscar cartos persoais para pagar as viaxes de moitas baladrinas, que xa non poderían estar nos encontros polos seus medios/recursos.

Todo comezou desde a observación, desde a ollada da necesidade, e desde o inicio a resposta foi individual, con moito voluntarismo.

O mecanismo é moi sinxelo: estas persoas (poucas, unha constante, e outras en ocasiones) deciden pór mesas de materiais de Baladre en diferentes actividades sociais e políticas. Destinando os beneficios das ventas deses materiais para pagar viaxes de baladrinas (para que estean presentes nos encontros baladrinos).

Repasando estas mesas son:

- Xornadas de Economía Crítica

- Escola Ramón Fernández Durán

- Asembleas do CAS

- Congresos de CGT

- Asemblea anual de Ecoloxistas en Acción

- Encontros de Plataforma Rural

- Formacións e charlas en todo o Estado Español

- Actividades ás que nos convidan, como baladrinas

- E outras moitas...

Ditas actividades cada ano achegan entre 850€ e 1200€ en cada un destes anos (cinco). Son cartos/recursos que destinamos segundo criterios persoais para cubrir viaxes desas baladrinas que carecían/carecen de medios para estar presentes nos encontros.

Un paso adiante : ACHEGAS DE TODAS

Levamos tres anos falando destas prácticas, enunciábase e no encontro de Vilán decidimos asumir colectivamente este tema. O primeiro é facer circular estas letras.

Para logo pensarmos TODAS COMO ACHEGAR CARTOS/RECURSOS PARA ESTE FONDO DE SOLIDARIEDADE BALADRINO.

A idea é que cada quen vexa como asumir un compromiso, soa ou con outras, desenvolvendo actividades concretas ou rascando o peto (quen poida, como persoa ou grupalmente).

E que entre todas acheguemos. Continuando coas mesas de materiais nestas actividades que nomeamos con anterioridade.

A xestión colectiva deste FONDO DE SOLIDARIEDADE

O primeiro sermos conscientes de que si subimos as achegas a Baladre, podemos cubrir desde a conta colectiva estas necesidades, erradicando as débedas que arrastramos (pequenas, pero existentes ). Ademais trátase de diminuír a voluntariedade individual, para asumir un compromiso grupal/colectivo.

Presentamos unha xestión deste FONDO DESDE A PERSOA QUE LEVA A ECONOMÍA (Lucia Shaw), máis as baladrinas que organizan cada encontro ou Caravana/Marchas. A elas, temporalmente, sumaríanselle as persoas que até agora facían esta tarefa voluntariamente.

Paseniño, dariamos forma a un sistema de SOLICITUDE de solidariedade económica: pedir/solicitar que se cubran a súa viaxe. MENTRES OUTRAS XESTIONAN AS DEMANDAS, dando respostas colectivamente/grupalmente ás demandas/solicitudes.

FIXEMOS OBXECTIVOS

Retomemos as achegas individuais por medio de cotas voluntarias individuais (mensuais, semestrais, anuais...). Poñamos en funcionamento achegas COLECTIVAS/grupais (mensuais, semestrais, anuais...). Cada quen que procure como conseguir eses recursos (moitos ou poucos) para chegar ao obxectivo de mínimo 30 achegas mensuais de persoas e grupos, máis o que saquemos das mesas colectivas de materiais, en eventos aos que nos conviden, como Baladre.

3-4-5 de NOVEMBRO, VINDEIRO ENCONTRO DE BALADRE EN ALACANT

A idea é que neste encontro de Alacant o tema da nosa Economía, a ECOSINUESTRA, sexa un dos temas centrais, que tratemos o sábado pola maña.

Daquela precisamos reflexións persoais e grupais, á vez que propostas. E oxalá moitas xa deran una paso adiante e asumido COMPROMISOS CON NÓS MESMAS, con Baladre.

Se logo de ler queres apoiar economicamente a Baladre o podes facer neste enlace > http://www.coordinacionbaladre.org/apoyanos