mesa redonda

O vindeiro sábado 24 de novembro imos até a Lugo grazas ao convite da xente Lugo sen Mordazas. Baixo o título "Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización" organizan un ciclo de actividades.

É a crise un fenómeno inherente ao capitalismo, ou un froito do seu mal funcionamento? É a pobreza un dos seus efectos colaterais ou un eixo central do mesmo? Que futuro nos agarda neste sistema? Existen posibilidades de enfrontarse a el?