Pobreza

En 2016 recibiamos a denuncia dunha muller veciña de Nigrán. A primeira doutros casos que expresaban a súa queixa polo trato recibido nos servizos sociais municipais por parte dunha traballadora social dese concello.

Esta tarde temos actividade dentro da campaña Normalizar os dereitos impulsada por varios colectivos da Galiza. Co título "A escola temén é para racializades" Jessica Azevedo falará este venres 19 de febreiro ás 19:00 de educación e persoas racializadas.

Unha morea de colectivos de diferentes puntos do Estado Español lanzamos a campaña "Por unha nova normalidade sen cortes de subministracións. A enerxía é un dereito, non un negocio". A data escollida é o 17 de febreiro, Día Internacional de Loita Contra a Pobreza Enerxética.

Presentación online do libro “Que comen las que mal comen?” coas autoras Isa Álvarez, Ruth Herrero e Lucía Shaw. Alimentación, dereitos sociais e soberanía alimentar será os asuntos que poderemos falar coas autoras. Será o venres 12 de febreiro ás 19:30 a través do Zoom.

“O alcalde deu conta esta mañá da aprobación as axudas de emerxencia que non teñen límite orzamentario e que xa parten de inicio dunha cantidade de 1.125.000, 200.000 euros máis que o ano pasado”1, así comeza o texto publicado o xoves 17 de decembro na web do Concello de Vigo.

Levamos seis meses de Ingreso Mínimo Vital (IMV) e o Concello de Vigo aínda non foi quen de garantir que as beneficiarias desta renda accedan á tarxeta social de VITRASA. Ordenanzas e contratos sempre son difíciles de modificar cando as mudanzas supoñen novos dereitos para a veciñanza.

Ao fío da tradicional recollida destes días para o “Banco de Alimentos”, promovida pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), facemos varias preguntas: serve o reparto de comida para erradicar a pobreza?, que papel xogan as grandes superficies nesta campaña?, ten sentido que o dere

Achegamos o mapexo de Iniciativas Críticas de Traballo Social no Estado Español elaborado por Guisella Moreno Martín dentro do traballo de investigación presentado no seu traballo de fin de mestrado.

Varios colectivos da Galiza lanzamos a campaña "Normalizar dereitos" que ao longo de varias semanas pretende sensibilizar e denunciar a situación que padecen persoas migradas, refuxiadas e racializadas.

Máis de 3.000 organizacións e movementos sociais quixemos expresar a importancia do acceso aos servizos básicos de auga, luz e gas, e esiximos ao Goberno do Estado a recuperación da moratoria de cortes en pleno estado de alarma e pandemia mundial a través dun manifesto.

Dámoslle pulo a un novo editado por Zambra e Baladre, trátase do libro: ¿Qué comen las que malcomen? escrito a varias mans por Isa Álvarez, Mari Fidalgo, Ruth Herrero e Lucía Shaw.