En 2016 recibiamos a denuncia dunha muller veciña de Nigrán. A primeira doutros casos que expresaban a súa queixa polo trato recibido nos servizos sociais municipais por parte dunha traballadora social dese concello. O contabamos nesta entrada: "Unha perceptora da RISGA fala do acoso que sofre por parte da traballadora social" e na crónica da concentración que fixemos acompañando a algunhas veciñas: http://odscoia.arkipelagos.net/non-somos-criminais-dereitos-sociais-cr%C3%B3nica-da-concentraci%C3%B3n-en-nigr%C3%A1n
Cinco anos despois varias persoas volven a manifestar a súa desconformidade co funcionamento do servizo e convocan unha concentración baixo o lema: "Reclamamos uns servizos de calidade". Será este venres 26 de febreiro ás 12:00 na alameda do Concello de Nigrán. Desde o noso colectivo amosamos o noso apoio e solidariedade ás veciñas.