Novo libro: ¿Qué comen las que malcomen?

Dámoslle pulo a un novo editado por Zambra e Baladre, trátase do libro: ¿Qué comen las que malcomen? escrito a varias mans por Isa Álvarez, Mari Fidalgo, Ruth Herrero e Lucía Shaw.

O libro recolle o traballo colectivo ao longo de varios meses de colectivos que (sobre)viven nas periferias e que ven necesaria unha proposta na que propoñamos a construcción das nosas propias alternativas, saíndo do clientelar, o condicionado, o caritativo e poñendo a alimentación no lugar que se merece, o dun dereito humano básico en torno ao que traballamos, desde o medio rural e urbano, cun obxectivo: a SOBERANÍA ALIMENTARIA.

Achegamos o índice do libro que dentro dunhas semanas o poderedes mercar por un prezo de 10€ na ODS-Coia:

--Nutrir semillas de trabajo comunitario para caminar hacia vidas vivibles

--El modelo agroindustrial, pilar de un modelo desigual

--Cuando no decidimos ni lo que comemos

--Algunas pinceladas sobre Agroecología

--Frente al Asistencialismo Alimentario hoy

--La RBIS  en la construcción de otro modelo alimentario

Xunto a este texto deixamos un vídeo de La aventura del saber que recolle o traballo das compas de ASDECOBA: https://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventura-del-s...