Esta tarde temos actividade dentro da campaña Normalizar os dereitos impulsada por varios colectivos da Galiza. Co título "A escola temén é para racializades" Jessica Azevedo falará este venres 19 de febreiro ás 19:00 de educación e persoas racializadas. Para acceder á ligazón da videochamada tedes que enviar un email a resistenciaenterraallea@gmail.com ou unha mensaxe ao Instagram e/ou facebook de Resitencia en terra allea.
Hai meses que comezamos a campaña Normalizar os dereitos entre varios colectivos da Galiza, nela denunciamos vulneracións racistas e defendemos o dereito a vidas dignas e plenas para todes, un deses dereitos é a educación.
Pois esiximos que a educación debe e ten que ser para todes, e isto significa que tamén debe de incluír unha perspectiva antirracista. As crianzas e adolescentes racializades deben ter un espazo seguro onde desenvolver a súa actividade académica, e onde tamén se vexan representades.
Neste pequeno encontro cibernético trataremos de identificar, propor e sobre todo aprender a traballar man a man para que as escolas sexan tamén para racializades.