Ao fío da tradicional recollida destes días para o “Banco de Alimentos”, promovida pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), facemos varias preguntas: serve o reparto de comida para erradicar a pobreza?, que papel xogan as grandes superficies nesta campaña?, ten sentido que o dereito á alimentación para amplas capas da poboación sexa delegado a entidades do terceiro sector?
A estas e moitas máis preguntas trata de responder o libro recén saído do prelo "¿Qué comen las que mal comen?" escrito a varias mans por Isa Álvarez, Ruth Herrero e Lucía Shaw que ademais introduce Mari Fidalgo. O texto recolle o traballo colectivo de varios anos e que realizamos as xentes de Baladre en diferentes obradoiros. Nun intre no que os poderes públicos recuncan en medidas "neoasistencialistas" para xestionar a crecente miseria que padecemos cada días máis persoas (recomenamos consultar o orzamento 2021 do Concello de Vigo e os miles de euros destinados a entidades que reparten alimentos) é necesario revisar as respostas colectivas para saírmos desta situación. Non dubidamos da boa vontade de miles de voluntarias que colaboran recollendo e repartindo alimentos nestas entidades, que na campaña de 2020 buscan tamén doazóns económicas no canto de produtos, mais facemos unha chamada a repensar a nosa acción.
Para alentar as reflexións ademais do libro: "¿Qué comen las que malcomen?" que podedes mercar por 10€ no punto de información de Coia deixamos dous artigos e un documental:
- ¿Comida para “ayudar a los pobres”?: https://vagosymaleantes.com/2015/03/11/comida-para-ayudar-a-los-pobres/
- Cuando no alcanza ni para leche: https://vagosymaleantes.com/2017/06/21/cuando-no-alcanza-ni-para-leche/
- DOCUMENTAL OURÓBOROS: LA ESPIRAL DE LA POBREZA: https://www.youtube.com/watch?v=qEgT03UUzuo