Por que dar comida a quen precisa cartos?

A pasada fin de semana celebrouse, outro ano máis, a Gran Recollida de Alimentos organizada polos Bancos de Alimentos.

Para nos e unha bágoa ver que centos de persoas empregan tempo en recoller alimentos na entrada de supermercados. A desigualdade, o empobrecemento de moitas veciñas conseguese con dereitos como: vivenda digna, renda basica, mobilidade, subministracions basicas e tantos outros. Estas campañas que chaman a doar comida, en moitos casos que non é nin alimento, teñen pouco que ver con garantir dereitos básicos para todas. Ante isto cómpre falar, poñer en común que precisamos para conseguirmos unha vida digna. Precisamos saltar os redís que marcan os poderosos que levan cada día a máis persoas e territorios a unhas vidas sen futuro.

Co fin de animar a reflexión sobre os impactos das recollidas e reparto de alimentos traducimos un fío de twitter de Albert Sales:

"Por que dar comida a quen precisa cartos?

Se é preciso unha Gran Recollida de Alimentos é porque non existen mecanismos para transferir cartos aos fogares máis empobrecidos.

E se non existen é porque a loita contra a desigualdade non é unha prioridade política (máis ben o contrario).

Repártense alimentos a familias que só teñen ingresos para intentar soster unha vivenda ou unha habitación, a persoas que non teñen dereito a ningunha prestación da Seguridade Social porque a súa relación co mercado laboral ten sido inestable e/ou irregular...

Repártense alimentos porque nin a RISGA (Renta Garantizada de Ciudadanía no orixinal) nin o Ingreso Mínimo Vital fican moi escasas e non garanten o dereito a vivir.

Repártense alimentos porque os servizos sociais teñen que xustificar exiguas axudas económicas e fiscalizar en que gastan até o último euro as persoas atendidas.

De non lembrarmos porque se recollen e reparten alimentos podemos acabar aceptando que facéndoo estamos combatendo a pobreza. E non. Estamos axudando a xente a subsistir para que sigan a gastar os seus escasos ingresos no alugueiro dunha habitación ou piso. Porque seguirán a buscarse a vida e sobrevivindo de empregos precarios, irregulares e mal pagados.

De non lembrarmos porque se recollen e se reparten alimentos, seguiremos a pensar que unha sociedade que doa alimentos a quen precisa cartos para organizar a súa vida dignamente é unha sociedade solidaria".

Para aquelas interesadas no tema recomendamos tamén a lectura do libro "¿Qué comen las que mal-comen?, escrito a varias mans por compañeiras de Baladre: Isa Álvarez, Ruth Herrero e Lucía Shaw.