xornadas

Os vindeiros días 6, 7, 13 e 14 de marzo temos o pracer de convidar a toda a veciñanza de Vigo ás primeiras xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, que se van desenvolver no C.S. A Revolta do Berbês grazas á colaboración dos colectivos Xentrificación Vigo, GAS, LAPSUS e a ODS-Coia. Estas xornadas están pensadas como un punto de encontro e de posta en común para repensarmos, desde o colectivo e dun xeito crítico, os procesos de transformación social e urbana que están acontecendo no centro histórico da nosa cidade. Procesos que están a provocar a expulsión e marxinalización de colectivos sociais presentes no barrio durante anos, asi como a suba dos prezos das vivendas e dos alugamentos, ademais da comercialización e turistificación da maior parte do barrio.

Son tempos onde os enredos e as reflexións son moi necesarias por iso as xentes de Baladre convocamos unhas Xornadas de formación e debate en Compostela o 27 e 28 abril baixo o título: "DEREITOS SOCIAIS: Da centralidade do emprego á centralidade da vida".

"Este 1º de Mayo nos encontrará inmersas en una brutal ola de recortes, privatizaciones y rapina de recursos públicos impuestos por los poderes financieros que nos gobernan. Medidas descaradamente antisociales y antiobreras, aunque nos las quieran vender como supuestas recetas para salir de la crise, que no tiene otro objetivo que engrasar la maquinaria capitalista y garantizar la acumulación de beneficios a los propietarios del mundo.

Ao barrio de Buenos Aires achegarémonos convidados polas compañeiras que organizan unhas xornada