As xentes de Baladre da Galiza temos case pechada unha data que para nós é moi importante. O sábado 2 de abril en Compostela convidamos a persoas e colectivos da terra a asistir á xornada que leva por título: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Estamos á espera de pechar o local, aínda que nesta semana contamos con pechar todo o relativo a esta data.
Adiantamos o programa para que vaiades reservando axendas, ficade atentas xa que nesta semana daremos a información xa pechada:
10:00 - Presentación da xornada.
10:15 a 11:45
“Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)
12:00 a 14:00
“O seu benestar e o noso malestar”:
- “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)
- “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)
Xantar
16:00 a 17:00
“L'Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (cooperativa L'Olivera)
17:00 a 18:30
“Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)
18:30 a 19:30
“Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”
- Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)
- Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)
19:30 - Lectura das propostas recollidas na xornada