concello de Vigo

Volvemos ás dependencias de Aqualia na rúa Venezuela, hoxe acompañados dunha forte chuvascada. Guiños do tempo.

No mundo inxusto capitalista do que formamos parte, os gobernos tomaron por costume (quizais para redimir as súas conciencias, ter argumentos para calar bocas ou ben, para paralizar os cerebros pensantes da xente) ofrecer a modo de “parches” pequenas faragullas polas que, as persoas con menos rec

CORRIXIMOS! As nosas necesidades levaronnos a desbotar un trámite que aínda falta para que poidamos presentar as solicitudes do Cheque Social, até finais de mes non se abrirá o prazo para solicitar ditas axudas. Désculpade o erro ;)

O pasado 30 de marzo solicitamos unha entrevista con David Regades, concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación. Esta concellería é a responsable do servizo municipal de augas en Vigo que xestiona Aqualia, empresa do grupo FCC.

Onte presentouse no punto de información da ODS, unha muller cunha carta de Aqualia. Xa que a semana que vén lle cortarán a auga. Debe catro recibos, en total 140€.

Cobra 399€ de RISGA. Cartos cos que logo de pagar a vivenda -207 € de hipoteca- ten que pasar o mes.

Remataríamos ben rápido. A resposta ao falarmos da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo, á luz das consecuencias, é ben sinxela: ao servizo do poder, do capital.

O 26 de outubro solicitamos a través do rexistro do concello entrevista co alcalde e con Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social. Tras agardar semanas, chamamos ao departamento para saber se tiñan pensado recibirnos. A resposta foi que nada sabían.

Na última asemblea da ODS-Coia escoitabamos a varios compas que ficaban sen o publicitado “cheque social” após madrugar para facer colas, após entregar unha chea de documentación, após agardar meses...

Onte o goberno municipal aprobaba os orzamentos da cidade para 2016 grazas á maioría do PSOE. Falan os seus medios dunha morea de cartos para Políticas Sociais, dos orzamentos máis sociais do “universo”.

Ás 10:30 desta mañá, un grupo de 20 compañeiras decidimos presentarnos, sen previa cita, nas dependencias do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, co fin de coñecer as razóns da falla de resolución do chamado “Cheque Social” e esixir o seu inmediato pagamento.