A auga dános a vida, a loita daranos a auga

Onte presentouse no punto de información da ODS, unha muller cunha carta de Aqualia. Xa que a semana que vén lle cortarán a auga. Debe catro recibos, en total 140€.

Cobra 399€ de RISGA. Cartos cos que logo de pagar a vivenda -207 € de hipoteca- ten que pasar o mes.

A ausencia de recursos para garantir unha vida digna, unida á cobiza da empresa concesionaria provocan que o dereito á auga estea en perigo.

Á calada, o goberno municipal alongáballe -até 2020- a concesión da auga a Aqualia. A empresa gaña anos de negocio a costa das nosas necesidades. O prezo: un par de “humanizacións” á carta e varios dinosetos.

Lonxe de maquillar as consecuencias na cidadanía destes tratos Caballero mantén a Benestar Social no colapso:

- até dous meses de agarda por unha cita coa traballadora social
- expedientes de RISGA ou dependencia atascados pola escaseza de persoal
- aumento da restricións nas axudas de emerxencia municipais, etc.

Os recursos colectivos e os cartos de todas, parecen estar só ao servizo do negocio das grandes empresas amigas do concello: CLECE, VITRASA, FCC, Citroën...

A luz, a auga, un teito sobre as nosas cabezas, son Dereitos Fundamentais e as institucións públicas deberían estar para protexelos da especulación, e impedir que se faga negocio coa privación dos mesmos.

Quen non ten Non Paga!, Abonda xa de cortes e recortes! Ningún negocio coas nosas necesidades! Renda Básica das iguais e moito máis!

 

Coia, 15 marzo 2016

ODS-Coia

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais