CORRIXIMOS! As nosas necesidades levaronnos a desbotar un trámite que aínda falta para que poidamos presentar as solicitudes do Cheque Social, até finais de mes non se abrirá o prazo para solicitar ditas axudas. Désculpade o erro ;)
O pasado venres 6 de maio o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba as bases do programa municipal de "Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación", o que na cidade coñecemos como "Cheque Social".
Será a cuarta edición dunha convocatoria que este ano perde 400.000 € en relación á convocatoria de 2015 que deste modo cualificabamos: "restritiva, miserenta e insuficiente". Malia teren aprobados os orzamentos dende finais de 2015, Abel Caballero tarda medio ano en convocar unhas axudas que están dirixidas a cubrir necesidades básicas como: vivenda, alimentación, luz ou gas.
Estes días teremos que aturar declaracións de Caballero nas que volverá a espallar as "bondades" da súas políticas sociais, polo que non queremos desaproveitar a ocasión para sinalar a un dos grandes beneficiados destas políticas, non é outro que Florentino Pérez. Sen facer cola, sen agardar meses mete no peto -a través de CLECE, unha das empresas do seu emporio- máis de 5 millóns de euros, o que é o mesmo, a metade do orzamento para 2016 para políticas sociais en Vigo.
Achegamos as bases desta convocatoria nas que aparecen o modelo de solicitude > http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/cheque%20social%202016.pdf