I Escola de Acción Social Crítica e Transformadora (Zaragoza)

"Se non houbese privilexios non habería miseria" foi o berro das xentes de  Baladre desde os nosos comezos. Neles, a relación entre as persoas empobrecidas e as profesionais do traballo social, da educación social, da integración social... foi un reto no senso de enredarnos, comprendernos e darnos apoio ou de enfrontarnos e denunciar o control social exercido desde posicións políticas criminalizadoras da pobreza.

Por iso, con este encontro, que chamamos Escola, procuramos xuntarnos persoas que estamos por outro traballo social diferente ao normativo, dominante, maioritario; que reforza o sistema capitalista, militarizado, heteropatriarcal, racista, colonialista, ecocida e biocida.

Queremos aprender xuntas, reflexionar, cuestionarnos e artellar propostas onde vaiamos fortalecendo outras maneiras de ser e facer traballo social, comprometido coa transformación social, camiñando cara a outro modelo de desenvolvemento xusto, feminista, antimilitarista, nonviolento, ecoloxista, internacionalista, descolonizado e  antiracista. E compartilo con persoas en procesos de autoorganización, apoio mutuo e articulación de loitas.

Para iso queremos agasallarnos con tres días de encontro e voar…

Esta primeira edición da Escola de Acción Social Crítica e Transformadora vaise celebrar en Zaragoza, no CSC Luis Buñuel.

Achegamos o programa da escola que comeza o venres 22 de xuño e remata o domingo 24:

Venres 22 de Xuño

18 h - 18 h30  |  Acollida e inscricións

18 h30 - 19 h  |  Presentación da Escola:  Koldobi Velasco e  Mary  Arrabalí

19 h - 20 h30  |  Presentación participantes e introdución á metodoloxía da Escola

21 h  |  Cea e festas no barrio do Gancho

Sábado 23 de Xuño

10 h - 12 h  |  Realidades que transformar:

> Pobreza e desigualdade nas sociedades heteropatriarcales e capitalistas. Luisa Broto
> A privatización das necesidades básicas. Xavi Pallares (Alianza contra a Pobreza Enerxética)
> Sociedades enfermas: medicalización e desnutrición no corazón da opulencia. Elena Piñate
> Racismo e criminalización das persoas migrantes. Nadir Gutiérrez
> A desprotección das criaturas. Jesús Saído (APRODEME)

12 h - 12 h30  |  Descanso

12 h30 - 14 h00  |  Traballo colectivo "Tecendo respostas"

14 h  |  Comida

16 h - 18 h  |  Experiencias de acción social emancipadoras:
    >  Erletxea, Stop Desafiuzamentos Bidasoa e malos grolos coa RGI. Ruth López e Ricardo Criado
    >  Flipas GAM e Orgullo Loco
    > Do paso pola droga e o cárcere á vida comunitaria contorna á produción de alimentos. Rodrigo e Feli (ASDECOBA e ASDECASAL)
    > Infancia: construción de vida e loita contra a administración. Parke  Alcosa

18 h - 18 h30 |  Descanso

18 h30 - 20 h30  |  Grupos de traballo e posta en común

21 h  |  Cea e fogueira de San Xoán, concertos nas festas do Gancho

Domingo 24 de Xuño

10 h30 - 13 h  |  Traballo colectivo: alternativas e estratexias ante o colapso. A Renda Básica das iguais e outras ferramentas ao servizo da transformación social

13 h  |  Despedida e peche

--

Inscricións: http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/inscripcion-escuela

Email: acscritica@coordinacionbaladre.org

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais